Páginas del blog Ría de Ribadeo

miércoles, 7 de septiembre de 2011

Enésimo recheo na ría de Ribadeo

O diario El Progreso recollía onte a nova do comezo inminente das obras dun novo recheo na ría. Nesta ocasión, para ampliar a superficie do porto comercial de Mirasol, en Ribadeo. Trátase de prolongar, según di a nova, uns 10 metros o actual dique de Mirasol. É o enésimo recheo da ría, que pouco a pouco, e case sen darnos conta, imos perdendo tal e como era fai anos. Coma case sempre, os intereses económicos dunha minoría impóñense sobre o interese da maioría, e un espazo natural como a ría de Ribadeo, que debería de ser patrimonio de todos, está a ser alterado para o aproveitamento comercial dunha minoría. Non quero parecer vehemente, e recoñecendo que se debe atopar un equilibrio entre a conservación da natureza e o desenrolo (o tan manido "desenrolo sostible"), considero que no caso da ría de Ribadeo case sempre se opta polo "desenrolo", sen ter en conta o "sostible".

Pero non é só unha opinión persoal, que tamén, senon que hai datos que así o ratifican. Por iso recomendo ler con atención o artigo completo de El Progreso, no que ademáis da nova se expoñen as opinións de varios expertos na materia coma a de Manuel Monge, xeólogo da Universidade do Pais Vasco, e técnico da Reserva da Biosfera de Urdaibai, que estivo en Ribadeo recentemente nunhas xornadas da reserva da biosfera. Aquí está o artigo dispoñible:

Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario