Páginas del blog Ría de Ribadeo

sábado, 23 de abril de 2011

A pescadora da ría de Ribadeo

Despois de pasar o inverno na ría de Ribadeo, o exemplar de águia pescadora (pandion haliaetus / águila pescadora) segue deixándose ver polo estuario.

águila pescadora - Ría de Ribadeo

águia pescadora / pandion haliaetus / águila pescadora

águia pescadora / pandion haliaetus / águila pescadora



 



Águia pescadora no seu pousadoiro na ría de Ribadeo


Águila pescadora - Ribadeo

águia pescadora / pandion haliaetus / águila pescadora

Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com

jueves, 21 de abril de 2011

Anas querquedula

O pasado martes, na xa famosa charca de Rinlo (Ribadeo), ademáis dun numeroso grupo de gaivotas e os comúns lavancos, destacaba a presenza dun exemplar de cerceta albela (cerceta carretona / anas querquedula).

Aquí deixo esta foto e un pequeno video de mala calidade.

Anas querquedula



A charca de Rinlo


Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com

domingo, 10 de abril de 2011

Sobre a Vilavella e a fábrica de algas

Recentemente volveron sair novas na prensa a raiz dunha visita das autoridades provinciais ás obras que se están levando a cabo no entorno da enseada da Vilavella. Entre outras actuacións, estase a facer unha primeira intervención sobre a antiga fábrica de algas, que estaba en estado de abandono, para rehabilitar a edificación e algunhas das súas antigas instalacións. Pero como xa se comentou neste blog, ainda non está definido o fin que se lle dará no futuro a este espazo gañado para uso público.

Estado actual das obras na Fábrica de Algas - Ribadeo
Desde este foro defendemos que sería unha boa oportunidade para dotar a Ribadeo dun centro de interpretación da ría como este espazo e noso concello se merecen. Ainda que xa existe a "Casa da Ría", no monte de Santa Cruz, trátase dun centro moi modesto e cunhas instalación obsoletas, que non teñen nada que ver cos modernos centros de interpretación de hoxe en día. Este tipo de centros actúan como puntos de recepción de visitantes e poñen en valor os espazos naturais nos que están ubicados. Ademáis de dinamizar as localidades nas que se ubican, supoñen un pulo para o turismo ornitolóxico e de natureza, cunha conciencia ambiental que acaba revertendo no propio espazo natural, xa que canto máis se conserve e protexa, máis atractivo será para este tipo de visitantes. O veciño concello de Castropol conta xa cun centro destas características, e Ribadeo non debería deixar pasar a oportunidade de ter tamén un, aproveitando a inmellorable situación na que está a antiga fábrica de algas para poder ser utilizado con este propósito.

Enseada da Vilavella
A este respecto, fai unhas semanas tiven a oportunidade de ter unha conversa co concellal de medio ambiente do Concello de Ribadeo, Horacio Cupeiro, a quen transmitín as miñas ideas. Polo que me comentou, sigue sin estar definido o uso definitivo que se lle dará, e baráxanse varias opcións. Todo parece indicar que as próximas eleccións á cámara municipal poden marcar o futuro do centro. Algunhas forzas políticas xa fixeron tamén unha declaración de intencións sobre posibles usos, pero son só ideas, sen ter nada definitivo. Por iso desde aquí gustaríanos facer unha proposta a tódolos grupos municipais a que teñan en conta esta proposta, que estou seguro tería unha gran aceptación por parte de toda a cidadanía, e quen sairía gañando sería a vila e a Ría de Ribadeo.

Outra das actuacións que se está a levar a cabo é a realización dunha senda que unirá a praia dos Broques coa enseada das Aceñas.

Plano das actuacións na Vilavella
Este tipo de sendas poden ser moi interesantes para observar de perto a natureza, pero tamén poden acabar sendo perxudiciais se non se fan coas debidas precaucións. Neste senso, as especies de aves que habitan na ría poderían verse molestadas pola actividade humana si a senda non leva unhas adecuadas medidas de aillamento acústico e visual, ou si invade en exceso os lugares que as aves frecuentan. Sobre este aspecto puiden falar tamén co técnico de sostibilidade do concello, Iván Rodríguez, quen se mostra sempre moi receptivo con todo o que a conservación da ría e da súa riqueza ornitolóxica se refire. Por desgraza, según me comentou, as obras son totalmente dirixidas e coordinadas desde o Ministerio, e o Concello non ten a máis mínima posibilidade de participación nas actuacións que se están a facer. Así que, unha vez máis, a natureza queda a expensas do que unhas obras poidan impactar sobre ela. Agardemos a ver o resultado final para dar unha opinión ó respecto.

Pego aquí os enlaces das últimas novas saidas na prensa:


Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com

domingo, 3 de abril de 2011

Primavera en la llanura cerealista

Ya está aquí la primavera, y en la llanura cerealista, como en otros territorios y paisajes, ésta se hace notar en todo su esplendor.

Campos de Aldeaseca (Ávila)
En esta época, el verde es el color predominante. El trigo y la cebada son en gran parte los culpables de dar este tono al paisaje, acompañados por otros cultivos como la colza, que pone ya su nota de amarillo. Y entre todos estos terrenos domesticados por el hombre a lo largo de los siglos, los "bosquetes isla", pinares que salpican toda la comarca y que son auténticos oasis de vida para las distintas especies que habitan este ecosistema.

Ayer, por los campos cercanos a Aldeaseca, en dirección Arévalo, lo más abundante eran los aláudidos, que lo inundan todo con sus cantos. También destaca el gran número de cigüeñas, que ocupan ya sus nidos en los pinares, y la abundancia de pequeñas rapaces, como es habitual en la zona: cernícalos, milanos, ratoneros... También me llamó la atención una pareja de críalos apareándose en las ramas de un pino. Estas son las especies que logré distinguir:

calandria / melanocorypha calandra / calandra real
cogujada / galerida cristata / cotovía cristada - cotovía dos camiños
golondrina / hirundo rustica / andoriña - anduriña
grajilla / corvus monedula / gralla cereixeira - gralla pequena
estornino negro / sturnus unicolor / estorniño negro
críalo / clamator glandarius / cuco real
perdiz roja / alectoris rufa / perdiz
cernícalo / falco tinnunculus / lagarteiro
aguilucho cenizo / circus pygargus / tartaraña cincenta
milano negro / milvus migrans / miñato queimado - millafre negro
busardo ratonero / buteo buteo / miñato
cigüeña / ciconia ciconia / cegoña branca

Una vez más me fui sin encontrar a la reina de la estepa, la avutarda, que este año se me resiste. Además esta es la época en la que comienza la conocida "rueda" de los machos, cortejo de apareamiento en la que éstos lucen sus espectaculares plumas ante las hembras.

Durante el paseo tuve la oportunidad de tener una agradable charla con Víctor Coello, autor de nuestro blog amigo Territorio Natural. Me dijo que él tampoco había conseguido ver ayer a las avutardas, así que no fui el único que se quedó con las ganas. Aunque él sin duda tendrá muchas más oportunidades que yo para localizarlas, de lo que dan muestra las magníficas fotografías que cuelga habitualmente en su blog. También me comentó que por ahora no ha visto aún a los machos haciendo la rueda, y quizás en pocos días, en cuanto llegue definitivamente el calor y el buen tiempo, comiencen ya. Así que seguiré esperando a tener otra oportunidad.



Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com