Páginas del blog Ría de Ribadeo

miércoles, 20 de junio de 2012

Blog Biodiversidade Galega




A principios do mes de xuño botou a andar un novo blog sobre natureza galega. Pretende ser un portal que sirva de base de datos e canalice as novas de identificación e estudo da biodiversidade en Galicia. Sen dúbida, un ambicioso proxecto que surxiu da iniciativa de Xosé Berg, a quen dou a noraboa por poñer a súa ilusión e esforzo nesta nova idea, que finalmente logrou implicar a máis xente, para ser xa unha realidade. Pero nada mellor para coñecer esta idea que entrar no propio blog, e coñecer a súa declaración de intencións, así que anímovos a entrar e coñecelo por vós mesmos:




Enrique Sampedro Miranda 

2 comentarios:

  1. Graciñas pola publicidade, Quique. Pero unha matización. Eu diría que, máis que "pretender",... aspiramos a ser un portal. No futuro.

    Por agora témonos que conformar co que hai, que non é pouco. O malo é que segue un pouco frouxa a participación (anímate!)

    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  2. Por algo se empeza, e seguro que irá a máis. Xa vín que estás metido no allo (andas en todas...). Eu estarei encantado de colaborar no que poida, ainda que xa sabes que a miña situación non é a máis propicia para dar moitas "primicias" sobre a biodibersidade galega. Pero intentareino.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar