Páginas del blog Ría de Ribadeo

AMIGOS

miércoles, 6 de febrero de 2013

A ría de Ribadeo no Día Mundial dos Humidais

Durante os días 2 e 3 de febreiro celebramos en Ribadeo o Día Mundial dos Humidais. O sábado pola mañá fixemos a primeira das rutas de ininciación á ornitoloxía pola ría. Pola tarde continuamos coas actividades coa presentación na Casa das Letras do libro "¿Para qué sirven las aves?", de Antonio Sandoval Rey, e un coloquio sobre diversos temas relacionados coas aves e o medio ambiente. E por último, o domingo pola mañá, fixemos a segunda das rutas pola ría.

O grupo do sábado no observatorio da praia de Salías


Nestas rutas tivemos a sorte de que o tempo nos acompañara, e con esta variable ó noso favor, e o bo ánimo e predisposición de tódolos asistentes, a observación de aves estaba asegurada. E así foi, posto que nesta época a ría non defrauda, e son moitas e variadas as especies que se poden ver.

Grupo do sábado na Lieira


Así, entre os dous días, puidemos ver unha gran representación das aves que nesta época viven na ría de Ribadeo. Facendo un repaso de memoria, sáenme algunhas especies coma estas:

Cerceta / Anas crecca / Cerceta
Ánade real / Anas platyrhynchos / Lavanco
Negrón / Melanitta nigra / Pentumeiro
Colimbo grande / Gavia immer / Mobella grande
Zampullín cuellinegro / Podiceps nigricollis / Mergullón de pescozo negro - mergullón orelleiro
Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño
Garceta / Egretta garzetta / Garzota
Garza real / Ardea cinerea / Garza real
Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro
Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora
Ostrero / Haematopus ostralegus / Lampareiro (galego local) - gabita
Correlimos común / Calidris alpina / Pilro común - pilro curlibico
Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real
Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerde - bilurico claro
Andarríos chico / Actitis hypoleucos / Bilurico das rochas - bilurico bailón
Gaviota reidora / Larus ridibundus / Gaivota chorona
Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota escura
Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela
Gavión atlántico / Larus marinus / Gaivotón
Charrán patinegro / Sterna sandvicensis / Carrán cristado
Martín pescador / Alcedo atthis / Picapeixe - martiño peixeiro

O grupo do domingo no observatorio de Reme. Foto: Pablo García.


Nas rutas guiadas participaron un total dunhas 46 persoas, mostrando todas un gran interese polas aves. Entre elas, ademais, había tamén unha notable presencia de nenos. O propósito das rutas foi dar a coñecer á poboación local esta gran riqueza que temos na ría de Ribadeo, e fomentar a práctica da ornitoloxía. Deste xeito, estou seguro que as persoas que asistiron, verán doutra forma a ría e as súas aves a partir de agora, como moitos me transmitiron xa no transcurso da propia ruta.



Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda

6 comentarios:

  1. Unha pregunta, Quique. Penso que as outras fotos poden ser na Liñeira,porque hai unha estrada ao mesmo pé da ribeira; pero ese observatorio que se ve na primeira foto... ónde está? Non o coñezo.
    Unha aperta
    PD: quería facer un comentario na entrada que fixeches na montaña nevada (preciosa) pero xa sabes cómo ando...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Xabi. Esa é na praia de Salías, tamén na enseada da Liňeira. Agora hai 3 observatorios na beira asturiana da ría, que instalou recentemente o Principado. Coma case sempre, Asturias ten moita mais visión de futuro e intenta potenciar os atractivos naturais mellor que Galicia.
      Unha aperta.

      Eliminar
  2. Muy buena iniciativa. Aquí en Salamanca, estoy organizando con el grupo local seo - salamanca, paseos por la capital. Un saludo, y como siempre un placer leer el blog de esta ría.

    ResponderEliminar
  3. Conozco vuestros paseos por los parques salmantinos. Da gusto llevar a grupos que están empezando, porque transmiten su emoción al ir descubriendo distintas especies que para nosotros igual son menos llamativas, ¿verdad?
    Un saludo.

    ResponderEliminar
  4. Una buena lista de aves observadas y, al parecer, también una grata compañía.
    Saludos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ciertamente Jesús. Buenas aves y buena compañía, una combinación magnífica.
      Un saludo.

      Eliminar