Páginas del blog Ría de Ribadeo

jueves, 28 de noviembre de 2013

A ría de Ribadeo entra na rede de "Puntos BV", da organización Biodiversidad Virtual

Hoxe teño o pracer de compartir cos lectores do blog unha nova que me fai especial ilusión. Despois de certo tempo dándolle voltas a unha idea, e tras varias xestións que se prolongaron algúns meses, acaba de facerse realidade a inclusión da ría de Ribadeo na rede de Puntos BV, da organización Biodiversidad Virtual. Os puntos BV son o froito da colaboración entre esta ONG e diversos espazos naturais, e consisten en establecer un punto de acceso á súa plataforma en Internet, onde os visitantes a ese espazo natural suban fotografías da súa biodiversidade. Con esta información preténdese ir inventariando a riqueza biolóxica dese espazo en concreto, e a maior escala, de tódolos lugares que forman parte da rede.



Como dicía anteriormente, tras certas xestións, conseguimos facer realidade este proxecto. Isto foi posible gracias á colaboración do Concello de Ribadeo, e en particular da súa concelleira de Turismo, Ana Fernández, así como da responsable da Oficina de Turismo, Begoña García López, e Verónica Ramallal, de Creatividade Dixital Pekecha. E por suposto, pola indispensable disposición da plataforma Biodiversidad Virtual, e en concreto da responsable dos Puntos BV, Rosa Angulo, a quen quero agradecer dende aquí a súa total implicación e as facilidades que en todo momento nos brindou.

Sen máis rodeos, invítovos a coñecer de primeira man este novo proxecto no que se embarca a ría de Ribadeo, e que está aberto á colaboración de todo o mundo que queira participar subindo dende xa mesmo as súas propias fotos. Aquí podedes acceder ó apartado creado para a ría de Ribadeo, e desde aquí, coñecer tamén máis cousas do proxecto: http://www.biodiversidadvirtual.org/taxofoto/puntos-bv/2021


Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario