Páginas del blog Ría de Ribadeo

jueves, 29 de mayo de 2014

Limícolas na Ría de Ribadeo



Da miña última visita a Ribadeo quedáronme pendentes por subir ó blog algunhas fotos dunha saída que fixen pola ría. Por alí, ó igual que en Rinlo, o máis destacado era a presenza de pequenas limícolas no apoxeo do paso migratorio prenupcial. Nada fora do común, senon todo o contrario, as especies habituais, que ó fin e ó cabo, son as que lle dan importancia ó noso estuario.  Son as que están sempre presentes, ano tras ano, e as que fan da ría un lugar importante para as aves. Estas fotos son de tres desas especies, que este día estaban na praia de Salías, en Castropol: pilro común (correlimos común / Calidris alpina), pilro tridáctilo (correlimos tridáctilo / Calidris alba) e píllara real (chorlitejo grande / Charadrius hiaticula). Sen máis, déixovos con as fotos.

Praia de Salías
Píllaras e pilros

Pilros comúns


Píllaras reais
Píllara real
Pilro tridáctilo

Pilro común
Ría de Ribadeo



Saúdos e graciñas por seguilo blog.

Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons

Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com













4 comentarios:

  1. Hola Enrique.

    Escribes: "...Nada fora do común, senon todo o contrario, as especies habituais, que ó fin e ó cabo, son as que lle dan importancia ó noso estuario..."

    ¡Y que nunca nos falten! La llegada de las limícolas son los días más esperados por mí.

    Un abrazo,

    Rafa.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pues sí Rafa, ¡que no falten! Esta época es una de las más interesantes del año para aquellos que nos gustan las aves, sin duda. Ya veo en tu blog que tú también la aprovechas bien.
      Un abrazo.

      Eliminar
  2. Unhas fotos preciosas, e unha sorte poder desfrutar desas limícolas...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas gracias Inés! Un pracer contar cunha seguidora do blog coma ti.
      Saudos

      Eliminar