Páginas del blog Ría de Ribadeo

viernes, 10 de abril de 2015

5º Aniversario Blog Ría de Ribadeo



Hoxe o Blog Ría de Ribadeo está de aniversario, xa que cumpre cinco anos desde o seu nacemento. O obxectivo que me levou a poñelo en marcha foi difundir a través da rede a riqueza natural da Ría de Ribadeo, e dala a coñecer dentro das miñas posibilidades. Desde aquel 10 de abril do 2010, no que publiquei a primeira entrada aquí, o blog foi medrando e penso que afianzándose co paso do tempo. Concretamente levo publicadas ata o de agora 280 entradas. Delas, 126 están adicadas á Ría de Ribadeo e as súas aves, sendo esta a temática principal do blog. Pero como moitos sabedes, as miñas particulares circunstancias fan que ademais de Ribadeo, saia moito ó campo por outras zonas. Dúas delas ocupan tamén un lugar importante no blog: as terras abulenses da comarca de La Moraña e Arévalo (33 entradas) e as rutas por distintas zonas de Madrid (26 entradas). As restantes publicacións están adicadas a diversos lugares que nalgún momento visitei, xa sexa nunha ou varias ocasións. Así, podedes atopar artigos sobre espazos naturais como as Tablas de Daimiel, Monfragüe, Villafáfila, as Marismas de Santoña, as Hoces del Riaza, os Pirineos, o Delta do Ebro, Gallocanta, Sierra de Guadarrama, as lagoas de La Nava e Boada, a Sierra de la Demanda, etc. E ata o seu pequeno apartado internacional ten o blog, con varias entradas adicadas á fauna salvaxe de Kenia, relatando a viaxe que fixen por alí. Por outra banda están tamén as entradas divulgativas, novas sobre medio ambiente, actividades relacionadas coas aves e a natureza ou artigos de simple opinión. Sumando os accesos a todas elas, o número total de visitas ó blog nestes 5 anos de andadura é, a día de hoxe, de 93.965. 

Como todos sabemos, o mundo de Internet non ten fronteiras, e gracias a iso o contido do blog pode ser visto desde calquera parte do planeta, contribuíndo así ó seu obxectivo de difundir as riquezas naturais da Ría de Ribadeo. Neste sentido, ainda que unha maioría dos accesos son desde territorio español, tamén son relevantes as visitas recibidas desde o estranxeiro. En concreto, en torno ó 33% das visitas (unha de cada tres) son de procedencia internacional. Os 10 países que máis visitantes aportan ó blog son, por orde, EE.UU., Alemaña, Rusia, China, Francia, Países Baixos, México, Reino Unido e Arxentina.

Durante estes anos foron tamén surxindo, en paralelo ó blog, as súas correspondentes canles noutras redes sociais. Nestas canles vou publicando diverso material complementario, e constitúen outra forma de acceso ó contido de Ría de Ribadeo. Así, a conta de Facebook ten a día de hoxe 1689 amigos, e a de Twitter vai polos 648 seguidores. Mentres que a través das canles en YouTube, Ivoox e Issuu pódese acceder a variado material en formato audiovisual, sonoro e impreso, respectivamente. Moitos dos usuarios destas redes nin sequera chegan a entrar nunca no blog, sendo seguidores exclusivamente destas canles, a través das que comentan ou comparten o seu contido.

Tras este pequeno resumo en cifras destes 5 anos que se cumpren hoxe do nacemento do blog, quero dar as gracias a tódolos que formades parte da súa traxectoria. A aqueles que entrades habitualmente e deixades os vosos comentarios; ós que o facedes esporadicamente; a quen só cae por aquí de pasada en busca dalgunha información concreta, ou por simple casualidade; ós blogueiros amigos que compartimos a mesma afección; ós medios de comunicación que nalgún momento publicaron información sobre o blog; e a tódolos que contribuíron dunha ou outra forma a que isto seguira para adiante. E dun xeito moi especial gracias á miña familia máis achegada, por comprender, e incluso soportar, esta afección e o tempo que me supón todo o que conleva manter o blog e darlle contido. Moitas horas no campo, editando imaxes, redactando texto, buscando información, viaxando a diversos lugares “para ver páxaros”, quedando con colegas, metido en actividades, cursos, censos, e demais lerias. E tamén quero facer mención especial ó meu pai, que poucos meses antes do nacemento do blog se foi de xeito inesperado e repentino, deixando un enorme baleiro que nunca conseguiremos encher. A el, que me inculcou dende pequeniño este amor que teño pola natureza e os animais, adícolle especialmente o blog.

Gracias a todos, e ata a próxima entrada.

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda

Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

10 comentarios:

  1. Parabéns Quique. Espero que "Ría de Ribadeo" cumpra moitos máis anos. E moi emotiva a dedicatoria final (eu tamén boto de menos ao meu pai, aínda que no seu caso non foi nin repentino nin inesperado)
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Xabi, un dos fieis lectores, e comentadores do blog, desde o seu inicio.
      E o do falta dos nosos pais é outra cousa que temos en común, sí. Por desgracia para todos nós.
      Unha aperta e gracias por estar sempre aí.

      Eliminar
  2. Noraboa!! O principal é que ti tamén disfrutes de escribir no blog, porque os teus seguidores estamos encantados (aínda que eu dende hai dez meses entro menos nos blogs en xeral). Felicidades e a seguir "bicheando"

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Inés! Moitas gracias.
      Sí, eu disfruto moito escribindo, e iso é o importante. Ainda que tamén gusta saber que hai xente coma vosoutros que o le, e que opina, claro.
      O motivo polo que ti entras menos nos blogs ultimamente xa nolo dixeches. E é un motivo de peso, e moi bo : ) Aproveito o teu comentario para contarvos que dentro duns meses eu terei un motivo similar, e seguro que tamén influirá en que non poida adicarlle tanto tempo ó blog ; )

      Eliminar
    2. Ostiá!! Parabéns por "iso" tamén tío!! Bueno máis ben parabéns por "ese" ou "esa" :)

      Eliminar
  3. Que ben!!! Pois felicidades, éche toda unha experiencia a da paternidade, e de seguro que tamén o vas desfrutar...

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  5. Gracias. Isto sí que é para celebrar, como dicides. E por certo, xa sabemos que será “bichiña" : )

    ResponderEliminar
  6. Enhorabuena por estos cinco años Enrique. Muchas gracias por la contribución que haces cada día en pro de la conservación de la naturaleza y los valores medioambientales, especialmente de la Ria de Ribadeo.
    Un saludo.

    ResponderEliminar
  7. Muchas gracias Juanjo. Son vuestras visitas y comentarios los que me animan a seguir.
    Un saludo.

    ResponderEliminar