Páginas del blog Ría de Ribadeo

miércoles, 6 de mayo de 2015

Anduriña de cu branco, ave do ano 2015 en Galicia




A anduriña de cu branco (Delichon urbicum / avión común) foi elixida fai uns meses pola Sociedade Galega de Ornitoloxía coma ave do ano en Galicia. Esta pequena ave, que chega ás nosas vilas na época estival para reproducirse, parece estar en decadencia na nosa comunidade. Pero mellor que as miñas explicacións, son as da propia SGO. Este é o texto feito público pola asociación ortilolóxica galega con motivo desta designación (fonte: www.sgosgo.org).



"A Anduriña de cú branco foi elixida ave do ano 2015 polos soci@s da SGO e os membros do foro Galiciaves. Esta especie caracterízase por ser pequena, compacta e ter a mitra branca. Ao igual que a Anduriña común, vive habitualmente ligada ás construccións humanas, donde constrúe os seus niños adosados ás edificacións, habitualmente de maneira colonial. Chega da súa invernada en África a principios da primavera e convértese nunha estampa habitual dos nosos pobos, vilas e cidades durante a tempada estival.

Os datos dos distintos programas de seguemento apuntan a unha tendencia xeral ao incremento no conxunto de España, aínda que para Galicia non existen datos específicos. A percepción, da maioría dos ornitólogos do país parece apuntar a unha disminución da poboación galega nas últimas décadas. De feito, existen datos máis ou menos recentes de desaparición de colonias da especie en númerosas zonas da nosa xeografía.

A elección da Anduriña de cú branco como Ave do Ano ven a representar a preocupación pola conservación das nosas aves comúns e migratorias. Os cambios socioambientais experimentados dende mediados do século en Galicia e no resto da Península Ibérica provocan cambios na distribución e abundancia de moitas destas aves. Coñecer estes cambios axuda a establecer estratexias de conservación e xestión axeitadas para as distintas especies. Por todo elo, dende a SGO consideramos necesario e indispensable o traballo de todos os afeizoados no seguemento e conservación das aves comúns.

Ao longo deste ano a SGO levará a cabo unha intensa recollida de datos sobre a distribución é abundancia de anduriña de cú branco co obxectivo de podermos ter ao final da tempada unha aproximación máis detallada da situación da especie en Galicia."

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario